martes, 26 de novembro de 2019
25 de novembro: non á violencia machista!
Etiquetas:
Día contra a Violencia de Xénero,
igualdade,
muller
Barcos contra a violencia de xénero
Unha das actividades que realizamos todo cole na mañá do 25 de novembro foi elaborar barcos violetas, axudándonos uns aos outros/as. En 5º aprendemos a facer barcos de papel antes do recreo, decorámolos con lemas alusivos ás mulleres e ao 25N e deixámolos expostos na clase para lembrar o noso compromiso contra a vilencia de xénero.
Etiquetas:
Día contra a Violencia de Xénero,
igualdade,
muller
luns, 25 de novembro de 2019
O libro dos porcos
O libro dos porcos from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Agradecemos á Biblioteca do CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos a elaboración e difusión desta montaxe da obra "O libros dos porcos" de Anthony Browne.
Agradecemos á Biblioteca do CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos a elaboración e difusión desta montaxe da obra "O libros dos porcos" de Anthony Browne.
Etiquetas:
Día contra a Violencia de Xénero,
familias,
machismo,
muller
domingo, 24 de novembro de 2019
Aventuras de "la mano negra"
Comezamos cun novo título do itinerario lector de 5º: Aventuras de "la mano negra" de Hans Jürgen Press. Desta vez leremos historias policíacas protagonizadas por unha panda de nenos e nenas que son uns detectives incribles. O mellor do libro é que teremos botarlles unha man e usar a nosa capacidade de observación e deducción para ir resolvendo os casos.
Irémolo alternando con Se queres pasar medo, así que misterio, medo e intriga van protagonizar as nosas lecturas en castelán no que queda de trimestre.
Etiquetas:
BBS,
Itinerario lector 5º,
lecturas,
lemos
25 de novembro en Rianxo
Etiquetas:
Día contra a Violencia de Xénero,
Rianxo
venres, 22 de novembro de 2019
Aniversario de Hugo
Hoxe é o aniversario de Hugo! Xa temos outro mozo de 10 anos na clase! Celebrámolo cantándolle, turréndolle das orellas e papando enteiriño un biscoito de chocolate riquísimo.
Moitos Parabéns, Hugo!
Grazas polo biscoito!
Cantando contra a Violencia de Xenero
O luns alzaremos a nosa voz contra a violencia machista no Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Hoxe tivemos un ensaio xeral do tema A Porta Violeta, versión en galego dunha canción de Rozalén, que interpretaremos dentro dos actos que realizaremos o luns 25 de novembro. Soou moi ben 😍 Sempre dá gusto escoitar cantar aos nenos e nenas do Brea Segade.
Etiquetas:
Día contra a Violencia de Xénero,
música
xoves, 21 de novembro de 2019
A primeira Mochila Viaxeira de 5º
Hoxe saíron as Mochilas Viaxeiras da BBS!
A primeira afortunada en levala para casa foi Lara.
A primeira afortunada en levala para casa foi Lara.
Boas lecturas, Lara!
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
familias,
lecturas,
lemos,
Mochilas Viaxeiras
Biscoito á cunca
Unha das cousas boas de traballar sobre receitas de cociña na clase é que ás veces, coma hoxe, levamos a sorpresa de ter unha proba no recreo. Isabela tróuxonos unha mostra do seu "biscoito á cunca". Estaba de lamber os bicos! Mirade nas fotos, ben se ve! 😛
Graciñas Isabela!
En canto teñamos montado o noso libro de receitas probaremos a facelo 👌
![]() |
| Mmmm! |
![]() |
| Larpeiras! |
mércores, 20 de novembro de 2019
Venus, Mercurio e Neptuno
Continuamos coas exposicións dos traballos sobre os planetas. Este luns foi a quenda de Noa e Froilán con Mercurio, Alex e Rafa con Venus e Hugo e Ezequiel con Neptuno.
Bo traballo Noa, Rafa, Hugo, Alex, Ezequiel e Froilán!
Etiquetas:
Ciencias Sociais,
planetas,
sistema solar
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
























































