mércores, 20 de maio de 2020

Plataforma do Libro Dixital

http://bega-elbe2.edu.xunta.es/opac/?locale=gl#indiceComezamos a usar a Plataforma de Lectura Dixital Elbe.2, unha biblioteca dixital promovida e xestionada pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, que está ofertando a Biblioteca Brea Segade desde hai dous cursos. 

Esta plataforma pon á nosa disposición cerca de 2.000 títulos para ler en dixital. Iremos experimentando e probando este novo recurso que a BBS pon á disposición do alumnado de 5º e 6º.

Animádevos a descubrir o que nos oferta e contádenos que vos parece. 

As pitas baixo a choiva

As pitas baixo a choiva é un relato de Ricardo Carvalho Calero. A Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra en colaboración con Edicións Embora realizou a edición deste relato e un proxecto educativo que inclúe música e actividades para realizar con crianzas.
Entrade neste enlace para ver o conto, as cancións e as actividades. Vanvos gustar!

http://aspitas.gal/

domingo, 17 de maio de 2020

Día das Letras Galegas

Feliz Día das Letras Galegas!

  Entrade no blog da BBS e escoitade o programa especial Letras Galegas.
https://bibliobreasegade.blogspot.com/2020/05/radio-bbs-letras-galegas-2020.html


Parabéns polo traballo, 5º!

xoves, 14 de maio de 2020

Primavera das Letras: Ricardo Carvalho Calero

Como remate desta semana das Letras Galegas imos entrar na Primavera das Letras, a páxina que a Real Academia da Lingua Galega ten para que os nenos e nenas coñezan aos escritores/as homenaxeados cada 17 de maio, neste 2020 Ricardo Carvalho Calero. Tedes moitos recursos e actividades nesta páxina, tanto para imprimir como para facer en rede, animádevos a descubrilos.
Comezaremos por tres dos recursos interactivos:

Que agocha este nome? 
Para descubrir que son os pseudónimos e cales usaba Carvalho Calero. 

http://primaveradasletras.gal/que-agocha-este-nome/

As pitas baixo a chuvia
Descubre un dos poucos textos que Carvalho Calero escribiu para nenos/as.

http://primaveradasletras.gal/as-pitas-baixo-a-chuvia/
O mar
O mar estivo moi presente na obra de Carvalho Calero e é o tema que traballamos este curso desde o proxecto Rumbo a un mar de letras. Fai estas actividades para continuar aprendendo sobre o mar.

http://primaveradasletras.gal/o-mar/


E se o rematar queres continuar non deixes de probar coas outras propostas interactivas da Primavera das Letras.

luns, 11 de maio de 2020

Ricardo Carvalho Calero: descubrindo a súa obra

Agora que xa descubrimos algunhas cousas sobre a biografía de Ricardo Carvalho Calero imos comezar a coñecer parte da súa obra. O Seminario Galán preparou actividades sobre dous textos do escritor homenaxeado nas Letras Galegas 2020. Imos alá! 

http://seminariogalan.org/inicio/ver/471

domingo, 10 de maio de 2020

Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero

Maio é o mes das nosas letras e este ano están adicadas ao escritor Ricardo Carvalho Calero. Ímolo celebrar desde as nosas casas e imos comezar por descubrir quen foi Carvalho Calero. Entrade neste material elaborado polo Seminario Galán, ao que agradecemos un ano máis o seu traballo e compromiso na difusión dos escritores/as homenaxeados nas Letras Galegas e da nosa cultura.
http://seminariogalan.org/inicio/ver/470

sábado, 9 de maio de 2020

O tempo do revés

Comezamos unha nova lectura en común. Imos ler O tempo do revés de María Solar e ilustrado por Xosé Tomás. É outro dos títulos da colección de ciencia, Meiga Moira da Editorial Baía, dentro da súa iniciativa Con vós na casa, que nos permite ler libros de balde en rede. 
Con Boa Sorte aproveitamos para aprender e traballar sobre meteoroloxía, algunha idea de cal será a temática desta vez? 😉

https://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/pdfs/Confinamento/OTempoDoReves_MariaSolar_BaiaEdicions.pdf

mércores, 6 de maio de 2020

Moitabarba

Hoxe estivemos lendo a historia do pirata Moitabarba que é un dos contos do libro Contos para nenos que dormen deseguida de Pinto e ChintoPinto e Chinto son o ilustrador David Pintor e o guionista Carlos López, que levan anos colaborando e publicando obras de literatura infantil tan coñecidas como: Nicomedes, Os xogos olímpicos de ningures ou Minimalario. 

O pirata Moitabarba ten unha "relación especial" cunha maceira.  Estes son os piratas Moitabarba que imaxinastes e debuxastes.

Que bo traballo! 😃










luns, 4 de maio de 2020

Ecosistemas

Para repasar e aprender sobre ecosistemas enlazamos este recurso LIM elaborado polos compañeiros/as do CEIP Friáns.

http://engalego.es/curso/lim/ecosistemas1/ecosistemas.html

Nordés

Nordés de Mercedes Peón e os Diplomáticos de Montealto foi un tema que se estreou no Xabarín Club en 1996, como colaboración destes músicos co programa da TVG, que era o favorito dos nenos e nenas galegos naquela época. Forma parte dun disco de colaboracións de moitos musicos galegos titulado A cantar co Xabarín e tamén do albúm Capetown dos Diplomáticos. Aquí tedes o vídeo que se fixo para o Xabarín Club. 


xoves, 30 de abril de 2020

Creando historias

Esta semana escribimos contos en Castelán. Partimos dunhas imaxes de personaxes e lugares e deixamos que a vosa imaxinación fixera o resto, aquí está o resultado. Veredes que bos escritores/as e contadores/as temos na clase.

Preme na imaxe ou no texto para entrar nos arquivos de audio:


https://drive.google.com/drive/folders/1UpKfGUlu8Cl-XecMwK9u35hHqcirmXIO


Algúns contos témolos en formato escrito, non audio.

mércores, 29 de abril de 2020

Día da Danza

Hoxe é o Día Internacional da Danza. Mirade que chulada de vídeo prepararou para celebralo a Asociación de Música e Baile Tradicional Abeloura de Cespón. A ver se coñecedes a alguén 😉



Feliz Día da Danza!

Superheroes

Aquí van algúns dos superheroes que fixestes para Inglés, o de Rafa e o de Lucas.  Están moi, moi ben!



luns, 27 de abril de 2020

Máis primeiros paseos

Seguimos recibindo imaxes dos primeiros paseos deste domingo. Sabedes onde son?

domingo, 26 de abril de 2020

Primeiros paseos

Hoxe os menores de 14 anos puideron empezar a saír a pasear por primeira vez en 45 días.
Imos ir compartindo as vosas imaxes sen poñer onde foron quitadas.
Recoñecedes os sitios? Animádevos a entrar en comentarios e dicir onde estiveron os compañeiros/as que mandaron foto.
Iso sí, todos tedes cara de estar moooi contentos/as coa saída 😀 Normal!















Banda deseñada e onomatopeas

En castelán estivemos traballando sobre as onomatopeas e puxemos en práctica o aprendido creando unha tira cómica. Aquí tedes algunhas das nosas creacións, mirade que artistas hai en 5º.