xoves, 18 de xuño de 2020

As miñas mascotas

Noa fálanos das súas mascotas, e faino con moito detalle e sobre todo con moito agarimo. Está claro que as súas mascotas son moi afortunadas.

A dislexia

Dália explícanos de xeito moi claro que é a dislexia, que dificultades atopan as persoas con dislexia e como as superan. Ides atopar moita información interesante, veredes.

Camións

Canto estamos aprendendo! Abel preparou unha presentación sobre camións, seguro que ides descubrir un montón de cousas que non sabiades. Mirade, mirade...

Deporte

Ezequiel escolleu o deporte para a súa presentación, outra das afeccións de moitos e moitas de vós.

Gatos

Xa tardaba unha publicación de animais en 5º! Aquí temos unha das paixóns de moitos/as de vós. Saúl fálanos de gatos, e xa sabemos que fala con coñecemento directo e experiencia. 😉

Karts

Diego Ferreira fálanos de que é o karting: en que consiste, de onde procede, que necesitamos para practicalo... Temos toda a información precisa da man dun experto. Non volo perdades!

Scooby Doo

Lucía fálanos dun clásico imprescindible das series de animación e preséntanos, con todo detalle, aos seus personaxes. Todo o que queirades saber sobre Scooby Doo tédelo aquí.

Pokémon

Se aínda non sodes afeccionados ao mundo Pokémon despois de ver a presentación de Rubén seguro que enganches ou polo menos empezaredes a entender de que falan os seguidores e seguidoras desta saga cando empeces a escoitar: xeracións, lendarios, evolución, pokeball, pokedex e demais 😉

Dous,

Novos xogos de Matemáticas, tamén da plataforma Arcademic, para seguir poñendo a proba a vosa rapidez no cálculo mental e despois O Preguntoiro, para seguir desafiándovos. Animádesvos a probar?



O Preguntoiro

http://www.edu.xunta.es/preguntoiro/

Xoves, 18 de xuño

Cambiamos de xénero. Hoxe imos comezar o día escoitando música interpretada por orquestras sinfónicas: o tema central da banda sonora de Harry Potter e o 2º movemento da Sinfonía nº 1 de Mahler.



mércores, 17 de xuño de 2020

Rosalía de Castro

Rita cóntanos todo o que temos que saber sobre Rosalía de Castro na súa presentación. Veredes como descubrides cousas que non sabíades sobre a escritora máis importante e máis fascinante das nosas Letras.

Tres,

Hoxe é día de experimentar cunha das ferramentas de Edixgal que no tivemos tempo de probar con calma este curso, pero que seguro que cun pouco de práctica acabades dominando. Entrade en Aplicativos, Educación e escollede Tux Paint.
Aplicativos - Educación


É un programa para crear debuxando, coloreando, engadindo etiquetas, imaxes texto...

Esta é a pantalla de inicio.

Aquí tedes un titorial que vos será de axuda para comezar:

VÍDEO para sacarlle partido a Tux Paint.

Cando rematedes unha creación só tedes que darlle a gardar e pasa a estar na vosa carpeta Tux Paint como imaxe. Animádevos a fedellar e probar. Despois mandade as vosas creacións ao correo da clase e as compartiremos no blog.

Mércores, 17 de xuño

Despois do que compartiu con nós Nerea onte, non nos queda outra, hoxe temos que comezar o día escoitando a Queen e botando uns bailes. Don't stop me now, temazo da banda británica, composto a finais da década dos 70.


martes, 16 de xuño de 2020

CAT

Todo o que queirades saber sobre maquinaria pesada tédelo na presentación de Froilán. Veredes como ides atopar algunha máquina que non coñeciades.

Freddie Mercury

Comezan a chegar as vosas presentacións 😍.
Nerea fálanos sobre Freddie Mercury. Se non sabedes quen é, aquí tedes a oportunidade de descubrilo e se xa o coñecedes, seguro que atopades moita información nova e interesante. Con tod@s nós: Freddie Mercury!


Catro,

Hoxe tedes unha colección de novos xogos de Matemáticas, todos eles da plataforma Arcademic e todos para poñer a proba a vosa rapidez no cálculo mental. Animádesvos a probar?