En Educación Artística José Luis ensinounos como debuxar diferentes expresións nos rostros e crear personaxes . Mirade que produtiva foi unha soa sesión de traballo! Agora só nos queda seguir aprendendo, probando e creando.
sábado, 31 de outubro de 2020
Debuxando rostros, creando personaxes
Día das Bibliotecas: Biblioteca Brea Segade
Así vemos a BBS en Sexto:
xoves, 22 de outubro de 2020
martes, 20 de outubro de 2020
Aniversario de Froilán
Hoxe é o aniversario de Froilán! Con máscaras e desde os nosos sitios cantámoslle o Parabéns! nada máis chegar a clase. Cambiamos o xeito de celebrar, pero un aniversario ten que celebrarse sempre, claro que si!
PARABÉNS, FROILÁN!🎉🎉
Plataforma de lectura dixital
Esta semana retomamos a lectura na Plataforma de lectura Dixital Elbe 2, que algúns comezaron a usar durante o confinamento. Desta vez facémolo tod@s na clase, na Hora de Ler e cos nosos ordenadores Edixgal. Moi boa combinación!
domingo, 18 de outubro de 2020
Castañas de Froilán
Seguen chegando landras e castañas, aínda temos ata o venres que vén, que esta fin de semana choveu e non se fixo a "sementeira". Así que xa sabedes, seguide apañando landras, se as atopades e tamén castañas.
xoves, 15 de outubro de 2020
Que é?
Castañas para a landraina
Hoxe achegamos un feixe de castañas ao colector da Landraina de Fousas ao Monte. Aínda pode desparticipar mañá, o sábado farán a "sementeira". Animádevos!
As galletas de Hugo
Mirade que pintaza teñen esas galletas!
Bravo, Hugo, estás feito un reposteiro de primeira!
sábado, 10 de outubro de 2020
Mércores na biblioteca
Os mércores temos a biblioteca para nós. Facemos uso dunha parte dos recursos do Espazo Argalleiro, falamos sobre as lecturas que levamos, descubrimos as novidades, cambiamos libros e, para a semana, comezará a colaboración dos que queiran ser axudantes de biblioteca. Só podemos gozar da BBS un día á semana, pero os mércores aproveitámola ao máximo.
Ao rematar toca ventilar, hixienizar e deixar os materiais da biblioteca creativa en corentena ata o seguinte mércores, pero paga a pena.
Plástica: a paisaxe
Estamos a traballar sobre a paisaxe e os ecosistemas en varias materias. Este xoves, en Plástica, saímos a debuxar a impresionante paisaxe que se pode ver desde o Brea Segade. A verdade que houbo unhas protagonistas das nosas paisaxes, adiviñades quen? 😁
Aínda estamos en proceso de creación, pero xa se ve que as paisaxes van moi ben.
Landras de Isabela
Isabela xa trouxo landras para colaborar coa Landraína de Fousas ao Monte. Agora temos que animarnos os demais. Aproveitade estes días da ponte para apañar landras e castañas e levalas a Campo Maneiro ou traelas martes e as levamos xunt@s. Se ides na ponte, sacade foto. 😃
![]() |
| Moi ben, Isabela!👌 |
mércores, 7 de outubro de 2020
O despaís de Gianni Rodari
Este ano celébrase o centenario do nacemento do mestre, escritor e pedagogo Gianni Rodari. Estamos traballando sobre a súa obra, aquí están as nosas achegas ao "despaís" que visitamos nos Contos por teléfono de Gianni Rodari.
Viva a fantasía!
venres, 2 de outubro de 2020
Landraina
A Comunidade de Montes e o colectivo veciñal Fousas ao Monte piden a nosa colaboración para continuar enriquecendo os nosos montes con especies autóctonas.
Animádevos a participar, é moi sinxelo.
- Saíde a andar polo monte e buscade landras. Iso é unha landraina! 😉
- Apañádeas e traédeas a Campo Maneiro, a un colector que está diante do pavillón.
- Tedes ata o 15 de outubro.
Despois esas landras serán sementadas polos membros de Fousas ao Monte no monte comunal de Taragoña.





















































