Rematamos o magosto saíndo a Campo Maneiro a sementar as castañas que xa viñan con gromo. Fomos pola parte de abaixo das pistas, para completar a plantación de árbores autóctonas que fixeramos hai anos e despois fomos ver as árbores que plantamos o curso pasado. Saudamos a Maria Luisa, como non? 😁 E lembrámonos de Alex. 😢
domingo, 15 de novembro de 2020
Sementeira de castañas
Magosto 2020
Foi diferente aos magostos do Brea Segade: non estivemos tod@s xunt@s, non houbo xogos conxuntos no patio, nin puidemos pintar as caras con chamusco, pero si comemos castañas e botámonos unhas risas.
As castañas estaban ben boas!
Coma todos os anos, grazas a Charo e Tino por asalas para todo o cole.
Mochilas Viaxeiras
Río Xallas
Rafa presentounos o seu traballo sobre o río Xallas, que desemboca na fermosísima fervenza do Ézaro.
Reto: lectura de escritoras
Esta semana a BBS propúxonos un reto, a lectura dun mínimo de seis obras de escritoras galegas entre novembro e marzo. Cada obra que leamos temos que incluíla nun Pase de Lecturas que recibimos esta semana, e a comezos de marzo, coincidindo co Día da Muller, quen teña o pase completo recibirá un agasallo da BBS. Esta proposta pretende enlazar as conmemoracións do Día das Escritoras e o Día da Muller e dar a coñecer a obra de escritoras galegas de literatura infantil e xuvenil.
Ponémonos mans...aos libros!
domingo, 8 de novembro de 2020
Río Eo
Comezamos as presentacións dos traballos sobre os ríos de Galicia que estamos facendo en Sociais.A primeira foi Nerea, falándonos do río Eo. Canto imos aprender!
mércores, 4 de novembro de 2020
Axudantes BBS 2019-2020
sábado, 31 de outubro de 2020
Samaín 2020
É tempo de Samaín!
Non puidemos celebrar como todos os anos. Botamos en falla o tunel do terror na entrada, os obradoiros e xogos con todas as clases do cole, as larpeiradas, a exposición de cabazas... Pero non faltaron os disfraces, o bo humor e o traballo en torno ao Samaín, que este ano, necesariamente, ten que celebrarse na casa.
Estes son os nosos deseños partindo da película Pesadelo antes de Nadal de Tim Burton.
Mochilas Viaxeiras
Este venres saíron as Mochilas Viaxeiras. na nosa clase volvemos ter dúas, dobre posibilidade de gozar cos fondos da BBS.
As nosas mochilas comezaron viaxe nas casas de Rita e Dália.
Boas lecturas!




















































