Hugo falounos do afluente máis coñecido e máis caudaloso do Miño, o río Sil.
Hoxe continuamos presentando os traballos sobre científicas galegas que todos/as deberiamos coñecer. Rita falounos sobre Dolores Lombardero Martínez.
No Día contra a violencia de Xénero comezamos a expoñer os traballos sobre as científicas galegas que estivemos realizando ao longo de Novembro, mes da ciencia en Galego. Pensamos que o mellor xeito de loitar contra a violencia machista é poñer en valor e dar visibilidade ás mulleres, de todo tipo, tamén ás científicas, que fixeron e fan un inmeso labor nun mundo inxustamente identificado cos homes. Comezamos con Olimpia Valecia, científica investigada por Rafa.
Rita levounos ata terras ourensás e aínda máis alá, a Portugal, na súa presentación sobre o río Limia.
Diego Ferreira presentounos outro dos ríos próximos a nós, que desemboca na veciña ría de Noia e Muros, o Tambre.
Hoxe fomos a andar ao río Té. Foi a nosa primeira saída dentro do Proxecto Ríos, para descubrir o treito do que somos responsables e para recoller datos para a 1ª inspección do río. Fixemos unha chea de cousas: medir, calcular, observar, analizar... Foi unha mañá de clase no río con Mates, Sociais, Lingua, Naturais, Educación Física, Valores... e moito aire puro. Que máis se pode pedir?
Grazas, Emilio!