Só podemos ir un día á semana, os mércores, pero seguimos aproveitándoo ao máximo.
venres, 5 de febreiro de 2021
Mércores: na biblio!
mércores, 3 de febreiro de 2021
Un fermoso ovo branco
Rematamos co "fermoso ovo branco", a nosa participación na celebración do Día da Paz 2021. Traballamos sobre un conto ben fermoso, tanto como o ovo branco e pasamos moi bos momentos recreando a historia. Agora hai que ver o vídeo, o noso produto final 😃
sábado, 30 de xaneiro de 2021
Como recoñecer a unha bruxa
Onte comezamos a elaborar carteis anunciando "Como recoñecer a unha bruxa verdadeira", seguindo a valiosa información de Roald Dahl en As bruxas e as aprendendo as pautas básicas para o deseño de carteis e anuncios. Para elaboralos estamos a empregar a letra que usaba Castelao, que nas fontes informáticas podemos atopar como Gallaecia.
Onte, 29 de xaneiro, foi o aniversario do nacemento de Castelao (29 de xaneiro de 1886) e hoxe, 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración, adicado este ano á ilustradora Lolita Díaz Baliño.
Lego Boost
venres, 29 de xaneiro de 2021
Cores
domingo, 24 de xaneiro de 2021
Aí, ai, hai.
A ver se co Dígocho eu de Esther Estévez queda máis claro 😀
venres, 15 de xaneiro de 2021
As bruxas
Aínda acabamos de comezar pero xa sabemos que nos vai ser de moita utilidade para identificar e poñernos a salvo das bruxas verdadeiras...
Temos entre mans un dos clásicos imprescincibles da literatura infantil escrito por un dos mellores autores de historias para rapaces e rapazas de todos os tempos.
A ler e a gozar!!!
Aniversario de Rita
Hoxe Rita cumpriu 12 anos! 🎉🎉 Unha moza!
Este curso pouco podemos celebrar no cole, pero cantámoslle no patio, démoslle os parabéns e sacamos foto de grupo. O Sol quentaba e acompañounos.
Marea Negra
Esta é a montaxe que elaboramos na clase de Valores. Está baseada no conto Marea Negra, de Pepe Carreiro, sobre o desastre do Prestige. Escribimos os diálogos, gravámolos, preparamos os decorados, e sacamos máis de 400 fotografías para poder editar despois en Stop Motion. Esperamos que vos guste!
mércores, 13 de xaneiro de 2021
Mércores: imos á biblio!
luns, 11 de xaneiro de 2021
"Folerpas de neve"
Neste tempo frío chegounos outra "folerpa de neve". A cabra branca coa que estivemos venres pariu esta noite unha cabuxiña branca con manchas negras 😍😍😍😍
Xa son 22 no rabaño! Benvida!
















































