sábado, 13 de febreiro de 2021

Marcapáxinas con muíños 3D

 A participación no Trivial do Brea Segade foi de tal nivel, que recibimos un merecido premio, marcapáxinas con muíños 3D, deseño de Rita 😍







Venres de Entroido en 6º

 Así ataviados/as chegamos a clase, seguindo ao pé da letra os mandados do Toribio, como debe ser!







A sorpresa foi atopar as mesas dispostas en "grupos con distancia" e o encerado tuneado:


O Trivial do Brea Segade! Natureza e medioambiente, Xeografía, deportes, espectáculos, Matemáticas e Entroido, seis temas para demostrar o moito que sabemos, botar unhas risas e pasalo ben neste Entroido diferente.





sábado, 6 de febreiro de 2021

Saiu o sol!

Este venres saiu o sol, despois de semanas, e puidemos retomar proxectos da Aula de Música, que estaban pendentes do bo tempo, e que incluíron tamén ir darlle unha visita ás cabras e ás melloras nas instalacións onde están.😍




Toribio por videoconferencia

Hoxe chegounos o primeiro mandado do Toribio! 

Estamos en tempo de Entroido, si, aínda que este ano sexa moi diferente. Para empezar o Toribio conéctase por videoconferencia, parece ser que está confinado e non pode achegarse ata a escola, pero non quere perder a oportunidade de darnos ordes e poñernos a tod@s en acción. Así que, aquí vai, atentos ao que temos que levar luns:

venres, 5 de febreiro de 2021

Mércores: na biblio!

 Só podemos ir un día á semana, os mércores, pero seguimos aproveitándoo ao máximo.













mércores, 3 de febreiro de 2021

Un fermoso ovo branco

Rematamos co "fermoso ovo branco", a nosa participación na celebración do Día da Paz 2021. Traballamos sobre un conto ben fermoso, tanto como o ovo branco e pasamos moi bos momentos recreando a historia. Agora hai que ver o vídeo, o noso produto final 😃