sábado, 16 de novembro de 2019

Magosto

Este venres, cun frío de raio, pero cunha pequena tregua da chuvia, celebramos o Magosto no Brea Segade. Coma xa é tradición Tino e Charo foron os encargados de asar as castañas e, como xa é tradición, estaban boísimas. Coas barrigas cheas pasamos aos xogos: corda, birlos, zancos, tragacastañas, chave, petanca, sacos, pano, aros... Este ano non puidemos sacar as carrilanas, que sempre molan, pero foi moi divertido.







Cogomelos xigantes!!

O venres no recreo atopamos cogomelos xigantes na horta do cole!! 😱



Receitas de outono

Esta semana estivemos traballando con receitas de cociña e con produtos de outono: millo, cabazas, castañas, cogomelos, champiñóns... O venres probamos a facer ditados colaborativos de receitas de comidas elaboradas con castañas. Cada grupo tiña unha receita diferente pendurada nun lugar diferente da clase e un a un fomos saíndo a ler parte da receita e despois ditala ao resto do grupo. Funcionou moi ben e serviunos para ir abrindo boca para o Magosto que celebramos despois do recreo 😋

xoves, 14 de novembro de 2019

Protocolo uso dos ordenadores nas casas

Comezamos a traballar coa plataforma Edixgal tamén nas casas, aqui está o protocolo que elaboramos e acordamos para usar os ordenadores fóra do centro.

luns, 11 de novembro de 2019

Marte e os planetas ananos

Hoxe foi a quenda de Saúl e Nerea expoñendo o seu traballo sobre Marte e de Rubén e Lucas que nos falaron dos planetas ananos e moi especialmente de Plutón.








Moi ben, Rubén, Lucas, Nerea e Saúl!

domingo, 10 de novembro de 2019

O Sistema Solar

Este venres comezamos ca exposición dos traballos sobre os planetas do Sistema Solar. Abriron a quenda das presentacións Carlos, Diego Ferreira e Mikel falando sobre A Terra e continuaron Lucía e Rita falándonos sobre Xúpiter.

A Terra



Xúpiter



Bo traballo, Carlos, Diego, Mikel, Lucía e Rita!

Recuncho de xogos

Cada semana intentamos ter un tempo para usar o noso recuncho de xogos, cheo de propostas para aprender xogando en grupo.







Contos colaborativos

Esta semana comenzamos a escribir contos de medo inspirados pola lectura de Si quieres pasar miedo de Angela Sommer Bodenburg. Van ser contos de autoría colectiva, un por grupo, así que toca falar, negociar, chegar a acordos, colaborar... Como en moitas outras cousas, o proceso vai ser case máis importante que o resultado, pero polo que imos vendo, os resultados prometen 😉







Si quieres pasar miedo

Comezamos a ler un novo título do itinerario lector de 5º seleccionado pola Biblioteca Brea Segade: Si quieres pasar miedo, de Angela Sommer-Bodenburg. 
De momento, tod@s queremos pasar medo 😱 😲 e a tod@s nos están enganchando as historias deste libro. A ver se segue así!

martes, 5 de novembro de 2019

Familias e Edixgal

Hoxe nais, pais e unha avoa estiveron na nosa clase coñecendo a plataforma Edixgal, e a mellor forma de facelo, para grandes e pequen@s, é entrar e fedellar. Xusto iso foi o que fixemos, despois de falar polo miúdo sobre este proxecto. Aprendendo xunt@s, como ten que ser!

Grazas a tod@s por vir!

xoves, 31 de outubro de 2019

Samaín no cole

Foi unha mañá de disfraces terroríficos,  de conxuros, de queimar medos e de enchernos de larpeiradas de Samaín. Molou!

Samaííín!