sábado, 20 de xuño de 2020

Charamuscas 2020

Xa temos a Charamuscas deste curso! Parabéns pola vosa participación rapaces e rapazas.


Ler no verán

Xa están no blog da BBS as recomendacións de lecturas para o verán, olládeas, veredes como hai propostas moi interesantes.

Podium Kahoot

Pechado o Kahoot, Rematamos 5º, xa temos o podium. Parabéns Breogán, Rita e Lucas, parece ser que sodes os que máis lembrades deste curso.

Que alguén me conte, por favor, quen é Josefa, revisei as listas de 5º e non a atopo. Dinlle clase todo o curso sen darme conta? 🙈🙆 Será parente de María Luisa? 😂😂😂

E Mateo? O irmán de Rubén?


O máis importante: Como nos prestou traballar con Kahoot! E que ben o pasamos!

Debuxando Pokémons

Rubén non só fixo a súa presentación sobre Pokémon se non que estivo debuxándoos. Mirade que ben están:








Moi ben, Rubén, segue debuxando, tes moi boa man.

Fedellando con Tux Paint

Estivestes fedellando con Tux Paint, un programa de deseño que ten Edixgal, co que traballaremos a fondo o curso que vén. Mirade que cousas tan chulas fixeron Rafa e Saúl.



Bo traballo, rapaces!

Despedida

Onte despedímonos virtualmente, quen nos dera poder telo feito en persoa e darnos unha aperta e uns bicazos de fin de curso, pero aínda así estivo moi ben e chegamos a xuntarnos case tod@s. Oxalá fora a última vez que teñamos que vernos en vídeo chamada.




Fixestes un curso fantástico, e non o tivemos fácil, houbo que inventar iso de traballar desde a casa, pero aínda así fixéstelo moi ben.

Boas vacacións a todos e a todas! 😘😘

Xa sabedes que o blog e o correo da clase seguirán activos.

venres, 19 de xuño de 2020

0!!!

Rematamos a conta atrás, que mellor que facelo lembrando o que compartimos nestes meses. Aquí tedes un resumo en imaxes.

1,

Rematamos 5º, imos ver canto lembramos:



Preme neste ENLACE ou na imaxe e proba!

Venres, 19 de xuño

Rematamos a pequena viaxe musical desta semana cunha cantante mexicana, Lila Downs, comprometida coa música e a cultura dos pobos indíxenas americanos. Coa súa música pon en valor e dá a coñecer as culturas autóctonas de América latina e ás veces, como neste tema, denuncia inxusticias e convidanos a construír un mundo mellor. Neste tema colaborou con ela, Juanes, que seguramente algúns coñecedes.

xoves, 18 de xuño de 2020

As miñas mascotas

Noa fálanos das súas mascotas, e faino con moito detalle e sobre todo con moito agarimo. Está claro que as súas mascotas son moi afortunadas.

A dislexia

Dália explícanos de xeito moi claro que é a dislexia, que dificultades atopan as persoas con dislexia e como as superan. Ides atopar moita información interesante, veredes.

Camións

Canto estamos aprendendo! Abel preparou unha presentación sobre camións, seguro que ides descubrir un montón de cousas que non sabiades. Mirade, mirade...

Deporte

Ezequiel escolleu o deporte para a súa presentación, outra das afeccións de moitos e moitas de vós.

Gatos

Xa tardaba unha publicación de animais en 5º! Aquí temos unha das paixóns de moitos/as de vós. Saúl fálanos de gatos, e xa sabemos que fala con coñecemento directo e experiencia. 😉

Karts

Diego Ferreira fálanos de que é o karting: en que consiste, de onde procede, que necesitamos para practicalo... Temos toda a información precisa da man dun experto. Non volo perdades!

Scooby Doo

Lucía fálanos dun clásico imprescindible das series de animación e preséntanos, con todo detalle, aos seus personaxes. Todo o que queirades saber sobre Scooby Doo tédelo aquí.