domingo, 29 de novembro de 2020

Obradoiro de E-Textis

Este venres participamos nun obradoiro de circuítos e textis con Paola Guimeráns. Entrade no blog da BBS para ver a reportaxe completa do seu paso polo Brea Segade e do noso obradoiro. 

Biblioteca creativa: Paola Guimeráns.

E-Textis.




Río Mero

Isabela presentounos o río Mero, que desem,boca na ría do Burgo, moi preto de A Coruña. 

Río Sil

Hugo falounos do afluente máis coñecido e máis caudaloso do Miño, o río Sil. 

 

Río Támega

Mikel falounos doutro dos ríos que compartimos con Portugal, o Támega. 

Río Lérez

Lucas falounos do río Lérez, que sempre vemos cando imos ao Salón do Libro de Pontevedra. 

Río Masma

 Abel presentounos outro río da vertente cantábrica, o Masma.

xoves, 26 de novembro de 2020

mércores, 25 de novembro de 2020

As nosas científicas: Ánxeles Alvariño

Nerea investigou e preparou a súa presentación sobre Ánxeles Alvariño. 

As nosas científicas: Mª José Alonso

Ezequiel investigou sobre Mª José Alonso. 

As nosas científicas: Olimpia Valencia

No Día contra a violencia de Xénero comezamos a expoñer os traballos sobre as científicas galegas que estivemos realizando ao longo de Novembro, mes da ciencia en Galego. Pensamos que o mellor xeito de loitar contra a violencia machista é poñer en valor e dar visibilidade ás mulleres, de todo tipo, tamén ás científicas, que fixeron e fan un inmeso labor nun mundo inxustamente identificado cos homes. Comezamos con Olimpia Valecia, científica investigada por Rafa. 

Río Limia

Rita levounos ata terras ourensás e aínda máis alá, a Portugal, na súa presentación sobre o río Limia. 

Río Sor

Dália levounos ata a provincia de Lugo para prsentarnos ao río Sor. 

Río Tambre

Diego Ferreira presentounos outro dos ríos próximos a nós, que desemboca na veciña ría de Noia e Muros, o Tambre. 

Río Ulla

Saúl presentounos o seu traballo sobre o río Ulla, un dos nosos ríos de referencia ademais do Té.