domingo, 9 de febreiro de 2020

Chegaron as cabras!

O sábado ás 11:30, tal e como anunciáramos no Telexornal da BBS TV, chegaron as dúas cabuxiñas e despois o resto do rabaño que vivirá a carón da nosa escola. Un grupo de familias, profes, membros de Fousas ao Monte e da Comunidade de Montes o Fieitoso démoslle a benvida e puidemos ver o ben que se afacían á súa nova casa e ás súas novas veciñas. No blog da BBS tedes máis información.





3 comentarios: