sábado, 1 de febreiro de 2020

Poemas pola Paz

O 30 de xaneiro é o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Este ano no cole celebŕamolo con poesía, Poemas para construír a Paz, no día a día, desde o máis próximo e coa implicación de todos e todas.
Nós traballamos sobre tres poemas: Corazón Senlleiro de Celso Emilio Ferreiro, Lembranza para Alí Smaín de Antonio García Teijeiro e Avións de Rafa Villar. Sobre eles fixemos murais que están na entrada do colexio cos das outras clases e gravamos un programa de radio conxunto, un monográfico sobre o Día da Paz.
Convidámosvos a escoitar o que os nenos e nenas do Brea Segade dicimos sobre a Paz e a Non Violencia.





2 comentarios:

  1. Eu fixen unha casa ardendo no de Alí Smaín, e despois fixen moitisimas cousas no do corazón senlleiro.Nerea

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si e que ben debuxastes a casa Nerea. Eu o que fixen foi escrivir o poema en conmemoracíon a Alí Smaín e tamen debuxei.
      QUEDARON SUPER CHOLOS !!!!!!
      Rita

      Eliminar