martes, 16 de xuño de 2020

Martes, 16 de xuño.

Hoxe comezamos escoitando aos Beatles, unha banda inglesa que tedes que coñecer porque son parte fundamental da historia da música moderna. Van 2 vídeos: unha animacion con varios temas seus e parte da súa historia e outro para que os vexades tal e como eran e tal e como era Inglaterra na súa época.

luns, 15 de xuño de 2020

Comeza a conta atrás! Cinco,

Hoxe propóñovos ir de visita ao Museo do Prado. 
Imos entrar na súa colección de obras de arte e, máis concretamente, nunha escolma de obras mestras. Visitade desde a casa esas 15 obras mestras, poñede moita atención, porque despois teredes que superar un test para demostrar a vosa capacidade de observación. Pasade as imaxes das obras de arte coma nun carrusel, premendo nas fechas que aparecen nos lados.

Premede na imaxe e entrade no Museo do Prado. 

https://www.museodelprado.es/coleccion

Agora tócavos demostrar se tedes boa capacidade de observación ou se sodes máis ben despistados/as. 😉

Seredes capaces de obter entre 12 e 15 puntos no cuestionario?  
Probamos ?

Cando rematedes facede un comentario contando que vos pareceu a visita e seguide descubrindo artistas e obras na colección do Museo do Prado.

Premede no enlace ou na imaxe. Cuestionario Museo do Prado.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSenb9Z1tv9J3hHOEVjGr511TtAbIWooDj5rhCHK3OVKjBkkUg/viewform?usp=sf_link

Luns, 15 de xuño

Entramos na conta atrás, esta semana teremos cada día un pouco de música para comezar e despois un xogo, reto, visita virtual... Sen esquecer que agardamos polas vosas presentacións, non vos descoidedes.
Ah! Lembrade tamén as enquisas da BBS.

Aquí vai a primeira proposta musical: One love de Bob Marley interpretada por músicos de diferentes países dentro do proxecto Playing for Change. Música para cambiar o mundo, un bo plan.

domingo, 14 de xuño de 2020

Ti decides

Xa tedes en Edixgal, en Lingua Galega, a tarefa para esta semana, con toda a información que precisades. 
Decidide un tema do que contarnos o moito que sabedes ou o moito que descubristes. Buscade máis información, organizádea e elaborade unha presentación con LibreOffice Impress. Cando estea lista subídea á tarefa de Edixgal. 

Ide poñendo nos comentarios desta entrada sobre que tedes pensado traballar.

sábado, 13 de xuño de 2020

Enquisas de avaliación da BBS

Como cada ano a BBS pídenos que opinemos sobre o seu traballo. Esta vez é en liña. Entrade no blog da BBS e opinade. Hai unha enquisa para familias e outra para nenos e nenas.

https://bibliobreasegade.blogspot.com/2020/06/enquisa-avaliacion-bbs-alumnado.html

venres, 12 de xuño de 2020

Aniversario de Breogán

Hoxe temos a Breogán de aniversario !!! 🎈🎉🎈🎉

11 anos!!!
Xa ides quedando poucos con 10 😃

PARABÉNS, BREO!!!

¡
Parabéns para ti, parabéns...🎶🎵

Aínda que xa sopraches velas, volve facelo e pasa un día fantástico, Breo. Marcamos outra celebración pendente para o curso que vén.

luns, 8 de xuño de 2020

En perigo: tartaruga de coiro e píllara das dunas

Continuamos publicando os traballos de Naturais sobre especies en perigo de extinción. Todos eles son unha boa mostra do moito que levamos aprendido e traballado ao longo deste curso, tamén nestes meses de confinamento. Detrás de cada presentación hai traballo de busca, selección e organización da información, fundamentalmente na rede, e procesamento informático dos datos recollidos. Estes son algúns dos froitos do traballo en Edixgal ao longo do curso. Parabéns a todos e a todas!

sábado, 6 de xuño de 2020

Aniversario de Ezequiel

Onte Ezequiel fixo 11 anos! Outro mozo máis na clase que pasa da decena!  E outra celebración máis que anotamos na lista das pendentes. 😀
Onte na nosa vídeo chamada colectiva dos venres fixemos un intento de cantarlle, pero xa vimos que as vídeo chamadas en grupo grande non dan para cantar xunt@s 😂

PARABÉNS, EZEQUIEL!!🎉🎉

Parabéns para ti, parabéns para ti... 🎵🎶

En perigo: o diaño de Tasmania e o tigre de Bengala

Continuamos publicando os traballos de Naturais sobre especies en perigo de extinción. Todos eles son unha boa mostra do moito que levamos aprendido e traballado ao longo deste curso, tamén nestes meses de confinamento. Detrás de cada presentación hai traballo de busca, selección e organización da información, fundamentalmente na rede, e procesamento informático dos datos recollidos. Estes son algúns dos froitos do traballo en Edixgal ao longo do curso. Parabéns a todos e a todas!

En perigo: o oso pardo, o lince ibérico e a avefría

Continuamos publicando os traballos de Naturais sobre especies en perigo de extinción. Todos eles son unha boa mostra do moito que levamos aprendido e traballado ao longo deste curso, tamén nestes meses de confinamento. Detrás de cada presentación hai traballo de busca, selección e organización da información, fundamentalmente na rede, e procesamento informático dos datos recollidos. Estes son algúns dos froitos do traballo en Edixgal ao longo do curso. Parabéns a todos e a todas!

venres, 5 de xuño de 2020

En perigo: a foca monxe e o lince ibérico

Continuamos publicando os traballos de Naturais sobre especies en perigo de extinción. Todos eles son unha boa mostra do moito que levamos aprendido e traballado ao longo deste curso, tamén nestes meses de confinamento. Detrás de cada presentación hai traballo de busca, selección e organización da información, fundamentalmente na rede, e procesamento informático dos datos recollidos. Estes son algúns dos froitos do traballo en Edixgal ao longo do curso. Parabéns a todos e a todas!

En perigo: mazarico real e caracol de Quimper

xoves, 4 de xuño de 2020

En perigo: oso panda e leopardo das neves

Continuamos publicando os traballos de Naturais sobre especies en perigo de extinción. Todos eles son unha boa mostra do moito que levamos aprendido e traballado ao longo deste curso, tamén nestes meses de confinamento. Detrás de cada presentación hai traballo de busca, selección e organización da información, fundamentalmente na rede, e procesamento informático dos datos recollidos. Estes son algúns dos froitos do traballo en Edixgal ao longo do curso. Parabéns a todos e a todas!  

En perigo: o can de palleiro e as náiades

Comezamos publicar os traballos de Naturais sobre especies en perigo de extinción. Todos eles son unha boa mostra do moito que levamos aprendido e traballado ao longo deste curso, tamén nestes meses de confinamento. Detrás de cada presentación hai traballo de busca, selección e organización da información, fundamentalmente na rede, e procesamento informático dos datos recollidos. Estes son algúns dos froitos do traballo en Edixgal ao longo do curso. Parabéns a todos e a todas! 

mércores, 3 de xuño de 2020

En perigo: a xesta de Ons e o esgonzo ibérico

Comezamos publicar os traballos de Naturais sobre especies en perigo de extinción. Todos eles son unha boa mostra do moito que levamos aprendido e traballado ao longo deste curso, tamén nestes meses de confinamento. Detrás de cada presentación hai traballo de busca, selección e organización da información, fundamentalmente na rede, e procesamento informático dos datos recollidos. Estes son algúns dos froitos do traballo en Edixgal ao longo do curso. Parabéns a todos e a todas! 

En perigo: águia real e oso pardo