Atopamos este fantástico xogo en Aulas Galegas. O Jumanji matemático é un xogo de taboleiro creado por creado por Amalia P. Otero que en cada recadro ten un reto matemático para resolver. O primeiro equipo ou xogador/a en resolver os retos e chegar ao centro do taboleiro desactivará a maldición.
Os retos irán aparecendo na pantalla e as solucións podedes comprobalas nun documento ao que se accede desde o taboleiro. Diversión matemática asegurada! A xogar!
Os retos irán aparecendo na pantalla e as solucións podedes comprobalas nun documento ao que se accede desde o taboleiro. Diversión matemática asegurada! A xogar!
Que guai, porque a min gustanme todas as pelis de Jumanji.Nerea
ResponderEliminarA min gustoume moito. Probádeo e contade que tal. Creo que só hai un tipo de preguntas que non traballamos na clase, pero podedes intentalas a ver e se non atinades, perdedes quenda e xa avanzaredes despois. Pasádeo ben!
ResponderEliminarCova