domingo, 15 de marzo de 2020

Na casa

Durante un tempo imos quedar na casa e temos que buscar xeitos de continuar aprendendo, divertíndonos, axudando... 
Nesta entrada imos abrir un espazo para as vosas ideas e propostas para estes días. Contádenos que podemos facer na casa para poder seguir aprendendo e divertíndonos e sacar proveito desta nova situación coa que non contabamos.
Para dar as vosas ideas deixade un comentario nesta entrada. Veremos o listado que conseguimos entre todos/as.

Lembrade, para deixar un comentario tedes que:
- Entrar en comentarios ao pé deste artigo.
- Escoller publicar como anónimo (no precisades correo electrónico).
- Escribir as vosas ideas e poñer o voso nome ao final para saber quen fai o comentario.
- Darlle a publicar. 
- O ordenador vaivos pedir que demostredes que non sodes un robot. Pode ser que só teñades que só con marcar "non son un robor" chegue ou pode ser que vos mande buscar cousas nunhas imaxes.
- Cando estea claro que non sodes un robot, dádelle outra vez a publicar.
- Os comentarios só sairán publicados despois de que eu lles dea o visto bo. 👌

Lembrade, moi importante:
M.C.
P.F. 

Desta vez zafades da B.L. 😉

Veña, compartide as vosas ideas para estes días. 💡

22 comentarios:

  1. Desfrutar dos filhos e das filhas! Viva! Os papás e as mamás também podemos comentar, né? :-)

    ResponderEliminar
  2. -Facer algunha receta cos teus irmá/ns ou cos teus pais. Viva a cociña!! Nerea

    ResponderEliminar
  3. Xogar a xogos de mesa coa túa familia. A min gústame as damas. Dália.

    ResponderEliminar
  4. Estar cos meus irmas e coa familia, tamen coa familia e xogar a xogos de messa como monopoli, cluedo, lince, fazer pudles de 1.500 como o que estou facendo etc... Lucía

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. ber pelis entre as nosas familias.Lucas

      Eliminar
    2. Ver pelis é unha boa opción, Lucas, sobre todo ver pelis con V. :-)
      Cova

      Eliminar
    3. Ola, miña irmá máis eu fixemos máscaras caseiras contra o coronavirus:-). Tamén xogamos a pintarnos o pelo de cores pero a miña nai non lle fixo moita gracia a cor rosa na bañeira. Despois limpamos o baño que tamén é entretido jejeje. Saúdos Rita

      Eliminar
    4. Que ben! Canta actividade! Incluíndo limpar o baño, que era o que tocaba despois de "decoralo de rosa":-)

      Eliminar
  5. Ver pelis, facer tartas, manualidades è estar coa familia:o

    ResponderEliminar
  6. A nos gustanos xogar a xogos de mesa e andar polo xardin.Noa.

    ResponderEliminar
  7. Na casa podemos xogar a xogos de mesa, a la oca, hundir la flota, conecta 4.
    Tamén podemos facer magdalenas e unha tarta de flan e galletas.
    Podemos facer un libro sobre o coronavirus esto bouno facer eu.
    Dixeron na tele que hai que xogar a ps4 polo coronavirus.
    Cova abúrrome moito
    Espero que nos vexamos pronto un saúdo FROILÁN

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Froilán, vai tomando nota das ideas de todos/as e de aburrirse nada! Temos que levalo con paciencia e con ánimo. :-)
      Cova

      Eliminar
  8. Ola,o mellor é fazer manualidades.Eu, xa teño uns cantos lapizeiros.Alex.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Boa idea o de facer manualidades. Intenta mandarnos foto deses lapiseiros ao correo da clase: bstitoriacova@gmail.com

      Eliminar
  9. Estar en casa es muy dibertido,porque podemos jugar a juegos de mesa muy dibertidos y leer muchos libros

    ResponderEliminar
  10. Pasar o día en familia.Hugo

    ResponderEliminar
  11. A min gustame facer receitas de pasteis coa miña familia.Breogán

    ResponderEliminar
  12. A min, gústame xogar a os xogos de mesa e as palabras encadenadas.

    ResponderEliminar
  13. Xogos de mesa ca tua familia, debuxar, facer manualidades, escoitar historias dos avos. Abel

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que bo o de escoitar historias dos avós! Non as esquezas, tes que compartilas con nós. Cova

      Eliminar
  14. A nós compraronnos uns cadernos do confinamento. Nerea

    ResponderEliminar