A dalo todo, algo do mar na cabeza!
mércores, 19 de febreiro de 2020
Último mandado
Etiquetas:
celebracións,
Entroido,
festas,
Toribio
martes, 18 de febreiro de 2020
O Toribio manda...
Hoxe imos colgar os dous mandados do Toribio, para o martes e o mércores. Lembrade que son acumulativos, así que mañá lentes de mergullar, gorro de la e...
domingo, 16 de febreiro de 2020
A peor xogada
Escoitade este temazo, gañador do certame Quero Cantar.
Etiquetas:
música,
tolerancia,
Valores Sociais e Cívicos
venres, 14 de febreiro de 2020
Cabuxas no Campo Maneiro
Etiquetas:
cabras,
desenvolvemento sostible,
ecoloxismo,
Máis ca leña,
medioambiente
Trenzas
Hoxe Nerea sorprendeunos cunhas trenzas de chocolate, feitas por ela, para compartir no recreo 😋😍. Descubrimos que temos a unha cociñeira de primeira entre nós; estaban boísimas!! Non deixamos nin as migallas!
Moitas grazas pola sorpresa, Nerea! Podes seguir sorprendéndonos sempre que queiras e teñas unha tarde "reposteira". 😘😘😘
Etiquetas:
alimentos,
celebracións,
cociña,
receitas
Aves mariñas
Estamos elaborando o noso libro para a maqueta do salón do Libro de Pontevedra deste curso. Traballamos sobre aves mariñas, de momento consultamos e recollemos información e comezamos a darlle forma ás páxinas do que será o noso libro. Seguiremos informando.
Etiquetas:
aves,
creamos,
educación documental,
mar,
natureza,
proxectos,
Salón do Libro de Pontevedra
martes, 11 de febreiro de 2020
Máis ca leña
Este luns estivemos con Emilio Saborido aprendendo sobre o proxecto Máis ca leña e visitando ás cabras. Encantounos!
Etiquetas:
cabras,
Máis ca leña,
medioambiente,
natureza,
Taragoña
domingo, 9 de febreiro de 2020
Chegaron as cabras!
O sábado ás 11:30, tal e como anunciáramos no Telexornal da BBS TV, chegaron as dúas cabuxiñas e despois o resto do rabaño que vivirá a carón da nosa escola. Un grupo de familias, profes, membros de Fousas ao Monte e da Comunidade de Montes o Fieitoso démoslle a benvida e puidemos ver o ben que se afacían á súa nova casa e ás súas novas veciñas. No blog da BBS tedes máis información.
Etiquetas:
cabras,
familias,
Máis ca leña,
medioambiente,
natureza,
Taragoña
xoves, 6 de febreiro de 2020
Mochilas Viaxeiras 6
![]() |
| Boas lecturas! |
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
familias,
lecturas,
lemos,
Mochilas Viaxeiras
mércores, 5 de febreiro de 2020
Tapóns solidarios
A CCD Taragoña está a colaborar coa Sociedade Deportiva Escravitude na recollida de tampóns para axudar a Hugo, un neno que xoga no equipo da Escravitude, a loitar e vencer á enfermidade que sofre.
Nós tamén queremos botar unha man. Imos recoller tapóns na clase, que despois levarán á Lomba os compañeiros que adestran no Taragoña. Comprobade ben que tapón se poden recoller.
martes, 4 de febreiro de 2020
No Espazo Argalleiro
Estivemos probando os novos xogos que ten o Espazo Argalleiro da nosa biblioteca. En grupos, lemos as instrucións e fomos descubrindo cal era o obxectivo do xogo e como conseguilo. cando os controlemos ben irémoslle explicando aos compañeiros/as doutras clases como xogar.
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
Espazo Argalleiro,
xogos
domingo, 2 de febreiro de 2020
O Xardín da Memoria
Na entrada do colexio temos o Xardín da Memoria, que inauguramos un 30 de xaneiro, Día da Non Violencia e da Paz, como mostra e lembranza do compromiso do Brea Segade cos valores democráticos e cos Dereitos Humanos, tantas veces esquecidos e maltratados ao longo da historia e na actualidade. O xoves pasado cada clase colocou unha planta nova no xardín da memoria, para non esquecer ese compromiso.
Polbiños de salchichas
Tremenda pintaza teñen estes polbiños feitos de salchichas que preparou Ezequiel seguindo as indicacións do libro da BBS que levou a semana pasada. Temos un chef de primeira na clase!
sábado, 1 de febreiro de 2020
Unha tarde vindo do muíño
Así de ben soou o tema co que 5º participou na celebración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz: Unha tarde vindo do muíño recollido a María Tubío en Chorente.
Construír a paz é tamén aprender a respectar aos demais e loitar porque nos respecten e porque non se cometan inxustizas á vista nosa.
Parabéns, rapaces e rapazas, pola vosa interpretación deste tema tan fermoso. 😍
Etiquetas:
Aula de Música,
Día da Paz,
música,
Taragoña
Poemas pola Paz
O 30 de xaneiro é o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Este ano no cole celebŕamolo con poesía, Poemas para construír a Paz, no día a día, desde o máis próximo e coa implicación de todos e todas.
Nós traballamos sobre tres poemas: Corazón Senlleiro de Celso Emilio Ferreiro, Lembranza para Alí Smaín de Antonio García Teijeiro e Avións de Rafa Villar. Sobre eles fixemos murais que están na entrada do colexio cos das outras clases e gravamos un programa de radio conxunto, un monográfico sobre o Día da Paz.
Convidámosvos a escoitar o que os nenos e nenas do Brea Segade dicimos sobre a Paz e a Non Violencia.

Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
creamos,
Día da Paz,
lemos,
poesía,
radio,
Radio BBS
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)














































